Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de maio de 2016, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador OU-S-31/2015 e dous máis, por infraccións leves en materia de turismo.

Mediante esta cédula e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícanselles ás persoas que no anexo se relacionan as resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-31/2015 e dous máis, da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido efectuar.

Os interesados poderán recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sancións devirán firmes e deben aboar os importes das multas no seguinte prazo: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou o hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Oficina de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Ourense, 24 de maio de 2016

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-31/2015.

Titular sancionada: Altagracia Soto Martínez.

Establecemento: Gran Rancho.

Domicilio: Nacional 532, km 11.

Localidade: Verin.

Resolución: 2 de febreiro de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a), 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: seiscentos (600) euros.

Expediente: OU-S-40/2015.

Titular sancionado: Guillermo García Martínez.

Establecemento: Café Bar Amaya.

Domicilio: avenida de Portugal, 103 baixo.

Localidade: Verín.

Resolución: 4 de febreiro de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) e 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros.

Expediente: OU-S-48/2015.

Titular sancionada: Tamega SR. H, S.L.

Establecemento: Club Sheraton.

Domicilio: Nacional 525, km 165,4.

Localidade: Verín.

Resolución: 18 de abril de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: catrocentos (400) euros.