Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de maio de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle comunica á interesada a resolución de baixa da clasificación turística e a cancelación da inscrición dun establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselle audiencia á titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A titular dispón dun prazo de 15 días para facer as alegacións que considere pertinentes e poderá examinar o expediente e obter copia dos documentos contidos nel na Área Provincial de Turismo da Coruña.

A Coruña, 24 de maio de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Hotel Sada Marina.

Titular: Sada Hostelería, S.L.

NIF: B15532369.

Enderezo: Paseo Marítimo, s/n.

Concello: 15160 Sada.