Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 24 de maio de 2016, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no requirimento 36R002/R-CPB/20/2016 (expediente 36R002/449/2016).

De conformidade co disposto no artigo 59.5, en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 24 de maio de 2016

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Requirimento: 36R002/R-CPB/20/2016.

Expediente: 36R002/449/2016.

Interesado: Martín Sebastián Alfonso Tammaro.

CIF/NIF: 39466330D.

Acto notificado: requirimento de inspección.