Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21201

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ramirás

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da construción dun muro de cerramento de parcela en Paizás.

Por Acordo do Pleno, do 28 de abril de 2016, aprobouse definitivamente o estudo de detalle da construción dun muro de cerramento de parcela presentado por Julia Vázquez Fernández, con DNI 76746251N, elaborado polo arquitecto José Antonio Piñeiro Carrera, que ten por obxecto o reaxuste das aliñacións fixadas no POMR do Concello de Ramirás na zona de núcleo rural do lugar de Paizás, na parcela 1702, polígono 503 e referencia catastral 32069A503017020000DR. O que se publica para os efectos dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas por Rosa María Montero Martínez, con DNI 76747083Q e con domicilio para efecto de notificacións en Paizás, nº 18, 32811 Ramirás, polas motivacións expostas no informe técnico do 20 de abril de 2016.

Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle da construción dun muro de cerramento de parcela presentado por Julia Vázquez Fernández, con DNI 76746251N, elaborado polo arquitecto José Antonio Piñeiro Carrera, que ten por obxecto o reaxuste das aliñacións fixadas no POMR do Concello de Ramirás na zona de núcleo rural do lugar de Paizás, na parcela 1702, polígono 503 e referencia catastral 32069A503017020000DR.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da Provincia.

Cuarto. Notificarlles o acordo aos propietarios e aos demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Quinto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dunha copia autenticada de dous exemplares con todos os planos e documentos que o integran e dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Ramirás, 9 de maio de 2016

Juan Carlos Rodríguez Matías
Alcalde