Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21203

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación da prestación do servizo de cafetaría no Verbum-Casa das Palabras.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Museos. Nº expediente: 2403-340.

2. Obxecto do contrato: descrición: a explotación do servizo de hostalaría no local destinado a cafetería-restaurante sito no inmoble do Verbum-Casa das Palabras, centro pertencente á Rede de Museos Municipais (RMM) da Concellería de Cultura do Concello de Vigo, situado na Avenida de Samil 17.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: cánon anual mínimo: 9.848,54 euros (IVE incluido).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio no ámbito de actividades correspondentes ao obxecto do contrato expresada en anualidades e referida, como máximo, aos tres últimos exercicios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos tres exercicios teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao triplo do importe do canon anual. b) Solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos análogos aos do obxecto do contrato realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes por importe igual ou superior ao importe do canon anual. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior ao importe do canon anual. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes aos da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 11 e 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: se anunciará no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 25 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación