Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 263/2016, relativa ao peche temporal voluntario de oficina de farmacia solicitado por Josefa Varela Regueira.

O 16 de marzo de 2016 a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade ditou, no expediente número 263/2016, unha resolución en relación coa solicitude de peche temporal voluntario da oficina de farmacia con sigla OR-018-F efectuada pola súa titular Josefa Varela Regueira.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Josefa Varela Regueira o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Consonte co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da dita resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, polo que esta cédula se limitará á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde a interesada poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, lémbraselle que contra a resolución que pola presente se notifica, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1. regra segunda da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: 263/2016.

Solicitante: Josefa Varela Regueira.

Último enderezo coñecido: parque de San Lázaro, nº 10, 6º, Ourense.

Contido da notificación: resolución do expediente número 263/2016 relativo á solicitude de peche temporal voluntario da oficina de farmacia con sigla OR-018-F presentada por Josefa Varela Regueira.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: quince (15) días.