De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican a continuación, no expediente instruído conforme o disposto no artigo 176 bis do Código civil, por descoñecerse nesta xefatura territorial o seu último domicilio.
O expediente atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84), onde, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o expediente e presentar as alegacións e documentación que consideren oportunas, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por realizado o trámite.
Expediente número: 2015/150-32.
Persoas interesadas: Nicasio Mazuela Pérez e Iryna Tkachiv.
Documentos de identificación: 24271159H-descoñecido.
Enderezo actual: descoñecido.
Ourense, 26 de abril de 2016
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense