Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución pola que se acorda o inicio do procedemento PE627A/nº exp. EXT-2016/0000084-AUT 18/2012.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada, por medio do presente anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución pola que se acorda o inicio do procedemento que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A interesada poderá comparecer, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do procedemento e en cuxo acordo de inicio se establece a posibilidade de formular as alegacións, presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Expediente: PE627A/Nº EXP. EXT-2016/0000084-AUT 18/2012.

Persoa interesada: Ameixa de Carril, S.L.

Acto de notificación: resolución pola que se acorda o inicio do procedemento.

Último enderezo coñecido: Punta Preguntoiro, 20, 36611 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.