Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de maio de 2016 de notificación do prazo de alegacións en acceso ao expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/210/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, publícase a apertura do prazo de alegacións en acceso a expediente por cidadán que se concede a Juan Antonio Cantero Pérez.

De acordo co establecido no artigo 61 da mencionada lei, a solicitude de acceso ao expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de diez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida na data desta publicación.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 e 61 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística