Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015152AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de abril de 2016, a Xefa territorial de Lugo da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2015152AL-LU, incoado á Cervecería Dominó, C.B., como titular do establecemento Cervecería Dominó.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á Cervecería Dominó, C.B. o contido da citada resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; no BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou no Banco Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 26 de abril de 2016

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 33/2014, do 18 de marzo)
Beatriz Roca Castro
Xefa do Servizo de Xestión de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2015152AL-LU.

Interesada: Cervecería Dominó, C.B., como titular do establecemento Cervecería Dominó.

CIF: E27467562.

Último enderezo coñecido: praza da Milagrosa, 14, 27003 Lugo.

Feitos imputados: infraccións da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 3, punto 10 do capítulo I, punto 1.a) do capítulo V, punto 1 do capítulo VIII, punto 2 do capítulo IX, punto 1 do capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 3.3, 3.6, 6.2 e 7.3 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

Tipificación: dúas infraccións leves, tipificadas nos artigos 51.1, parágrafo 10º, e 51.1 parágrafo 11º, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción imposta: seiscentos euros (600 €), de acordo co seguinte desglose:

– Catrocentos euros (400 €) pola infracción prevista no artigo 51.1, parágrafo 10º, da Lei 17/2011.

– Douscentos euros (200 €) pola infracción prevista no artigo 51.1, parágrafo 11º, da Lei 17/2011.