Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20353

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (853/2012).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 853/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Antonio Céspedes García contra Grialibros, S.L., Abraxas Aula 25, S.L., Grace Antonia Nouel Brache, Germán Pérez Rubín e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a Sentenza nº 76/2016 o 22 de marzo de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido estimar parcialmente a demanda promovida por Pablo Antonio Céspedes García contra as entidades Grialibros, S.L., Abraxas Aula 25, S.L. e contra Grace A. Nouel Brache, condeno a Grialibros, S.L. e a Grace A. Nouel Brache a que solidariamente aboen ao demandante a cantidade de 6.423,93 euros (263,41 euros de diferenzas salariais devindicadas no ano 2011; 973,68 euros da mensualidade de decembro de 2011; 901,31 euros de paga extraordinaria de beneficios de 2010; 901,31 euros de paga extraordinaria de verán de 2011; 912 euros de paga extraordinaria de Nadal de 2011; 912 euros de paga extraordinaria de beneficios de 2011; 554,44 euros de paga extraordinaria de verán de 2012; 70,21 euros de paga extraordinaria de Nadal 2012; 70,21 euros de paga extraordinaria de beneficios 2012; 865,36 euros de salario de 26 días xaneiro de 2012), incrementada nun 10 % en concepto de xuros de demora, e absolvo a Abraxas Aula 25, S.L. de cantos pedimentos foron formulados na súa contra.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grialibros, S.L., Abraxas Aula 25, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza