Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20351

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1114/2011).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo, da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1114/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Mata Segade contra Instalaciones Eléctricas Iglesias e Berrocal, S.L. e Fogasa, sobre ordinario (cantidade), se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: PO 1114/2011.

Demandante: Rubén Mata Segade.

Demandada: Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., Fogasa.

«Auto:

A Coruña, 30 de marzo de 2016.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 15 de outubro de 2013. Por instancia da parte demandante solicítase a súa rectificación nos termos expostos no seu escrito do 16 de marzo de 2016.

Fundamentos de dereito.

Único. De acordo co artigo 214 da LAC cabe a posibilidade de rectificar un erro material en calquera momento que sexa advertido de oficio; neste caso é a parte quen pon de manifesto o erro que este xulgador puido comprobar por ser evidentísimo. Por isto, cómpre emendalo, xa que é incorrecto que no feito probado primeiro da sentenza e en relación co salario do demandante se fixe a suma de 1.250,49 euros ao mes, cando da proba despregada, do contido da demanda e da aplicación o artigo 91.2 da LRXS que se refire na propia sentenza o dito salario debe ser o de 1.490,83 euros, salario que resulta dos propios razoamentos contidos na sentenza o que é congruente, precisamente, coas cantidades que se reclamaban no procedemento, sendo o irrazoable e incongruente o salario que por erro se recolleu no feito probado primeiro.

Parte dispositiva.

Procede a rectificación da sentenza ditada no presente procedemento, de maneira que no feito probado primeiro, onde di: «1.250,49 euros», debe dicir: «1.490,83 euros».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Javier López Cotelo, asinado».

Para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza