Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1112/2008).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por dilixencia de ordenación ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Seoane Cancela, José Manuel Gens González, Jorge Castro Dopazo, Maximino Ferro Miramontes, José Benito Morrazo Cores, Daniel Saborido Buceta, Manuel Río Buceta, Ángel del Río Barco e Francisco Javier Miguens Miguens contra Ames Obras, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1112/2008, se acordou cambiar a data inicialmente fixada para o día 7 de xuño de 2016 e citar a Ames Obras, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na nova data o día 20 de xuño de 2016, ás 12.00 horas, para a celebración da comparecencia que establece o artigo 22 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Terán lugar na sala de vistas do Xulgado do Social número 1, sito na rúa Berlín, s/n, CP 15707, e deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a Ames Obras, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza