Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o informe emitido pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, aclaratorio sobre a gradación das infraccións sinaladas na acta, en relación co expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2016/0067-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que, de conformidade co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se rectifica o erro padecido e, consonte co artigo 84 da mesma lei, concédeselle un prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado para examinar o expediente e presentar as alegacións que xulgue pertinentes nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

«En relación co expediente de referencia, solicitouse á inspección actuante unha aclaración sobre a graduación das infraccións sinaladas na acta.

O día 22.4.2016 entrou no Rexistro único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o informe solicitado co seguinte teor literal:

En relación co escrito desa delegación referida á empresa José Antonio Fernández Martínez, e á acta de infracción I362016000001328, expediente RL 2016/0067-4, apréciase un erro na gradación, debendo sinalarse que se propoñen en grao mínimo no seu tramo mínimo, mantendo o importe dos 2.046 euros por cada unha delas.

Ao tratarse dun erro meramente material poderá rectificalo esa autoridade laboral notificándollo á empresa».

Expediente: RL 2016/0067-4.

Acta: I362016000001328.

Empresa: José Antonio Fernández Martínez.

NIF: 09714655F.

Enderezo: lugar Forxán, 19, Sanxenxo.

Materia: seguridade e saúde.

Proposta de sanción: 4.092 euros.

Vigo, 16 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra