Intentada a notificación do acordo dictado pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se inicia o procedemento de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o estabelecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido do dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.
De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente ante esta xefatura territorial.
Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do dito acto administrativo.
Lugo, 10 de maio de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR349A 2014/147-2.
Nome: Gandarón Construcción Rehabilitación, S.L.
DNI/NIF: B27409028.
Último enderezo coñecido: rúa Marquesa de Casa López, 9, entresollado B, 27600 Sarria (Lugo).
Axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial (Programa CONII).
Orde reguladora: Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño).
Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro da axuda.
Data do acto: 8 de abril de 2016.