Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/400-1).

Expediente: IN407A 2015/400-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT Parque Ofimático.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O 13 de outubro de 2015 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 241, do 18 de decembro de 2015, e no BOP do 3 de decembro.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se for o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade coas condicións establecidas.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Desmantelamento do tramo das liñas eléctricas de media tensión aérea EIR-712 e EIR-721, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,900 km, con orixe no apoio nº D1 de celosía metálica existente que se vai retirar do dobre circuíto que forman as liñas EIR-712 e EIR-721 (expediente 13.674), en condutor LA-180 mm2 Al (condutor que se vai retirar) e final no apoio nº D10 de celosía metálica existente que se vai retirar do dobre circuíto que forman as liñas EIR-712 e EIR-721 (expediente 13.674).

– Liña de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 1,593 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de Eirís (expediente 28.910), condutor tipo RHZ1-2OL (S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS EIR-721, no tramo entre a subestación de Eirís (expediente 28.910) e o CD servizos comúns.

– Liña de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 1,221 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de Eirís (expediente 28.910), condutor tipo RHZ1-2OL (S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS EIR-712, no tramo entre a derivada ao CT Alfonso Molina (expediente 29.192) que se vai retirar e o CR Continente (expediente 50.927).

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 281.645,12 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña