Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 26 de maio de 2016 Páx. 20377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica o acordo de iniciación de procedemento de reintegro da subvención concedida ao expediente AFD 2011/5-2, regulado na Orde do 30 de decembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 7 de xaneiro de 2011).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo adoptado de iniciación do procedemento de reintegro da subvención concedida.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do acordo e a constancia de tal coñecemento.

Segundo o disposto polo artigo 77.2 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días para que alegue ou achegue os documentos que considere pertinentes. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos contaranse a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio se publica no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Entidade: A.L.A., C.B.

Enderezo: rúa Lamas de Prado, 118, baixo, 27004 Lugo.

Nº de expediente: AFD 2011/5-2.

Acto que se notifica: acordo de iniciación do procedemento de reintegro.

Data do acto: 28 de marzo de 2016.

Preceptos incumpridos: artigos 7, 27 e 31 da citada Orde do 30 de decembro de 2010, e o artigo 33.1.f) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 26.275,2 euros.