Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20207

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (134/2016).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 134/2016 por instancia de Jesús Rojo Alonso contra a empresa Simax Soluciones Tecnológicas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentencia en data 26.4.2016, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Estímase a demanda formulada por Jesús Rojo Alonso fronte á empresa Simax Soluciones Tecnológicas, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento de Jesús Rojo Alonso efectuado pola empresa Simax Soluciones Tecnológicas, S.L. en data 11 de xaneiro de 2016.

– Condénase a empresa Simax Soluciones Tecnológicas, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 516,73 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación cuxo importe, ata a data de terminación do contrato, é de 1.841,42 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Simax Soluciones Tecnológicas, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de maio de 2016

A secretaria xudicial