Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20205

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 5031/2015).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5031/2015 desta sección, seguido por instancia de Alejandra Alonso Cid contra Beta Vigo, S.L. sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Aceptando o recurso de suplicación interposto por Alejandra Alonso Cid contra a Sentenza do 15 de xullo de 2015, do Xulgado do Social número 3 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil Beta Vigo, S.L., a Sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante a Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dos dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80
ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para a constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en legal forma a Beta Vigo, S.L., con último domicilio coñecido en praza de Compostela, 13, baixo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza