Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20203

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 3565/2015).

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3565/2015 desta sección, seguido por instancia de José Ramón Carrera Bustabad contra o INSS e a TXSS, Mutual Midat Cyclops, Fremap, Mutua de Accidentes, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Navantia, S.A., Izar Construcciones Navales, S.A., Industrial de Acabados, S.A. (Indasa), Atlántica, S.A., Industria de Astilleros y Servicios Auxiliares, S.A., Industrias Metálicas Chorros y Andamios, S.L., Reparaciones y Pinturas, S.A., Brunae, S.L., Bulbo, S.L., Pinturas y Decoración Industrial del Río, S.L., Indasa Sur, S.A., José Luis Díaz Vizoso, Antonio Tenreiro Fernández, Juan A. Tenreiro Tenreiro, Construcciones Jas, González y Fernández, C.B., sobre accidente, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación formulado por José Ramón Carrera Bustabad contra a sentenza ditada o 24.4.2015 polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol en autos número 527/2014 seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua MC Mutual, Mutua Fremap, Mutua Galega e as empresas Navantia, S.A., Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación, Indasa, Atlántica, S.A., Industria de Astilleros y Servicios Auxiliares, S.A., Industrias Metálicas Chorro y Andamios, S.L., Reparaciones y Pinturas, S.A., Brunae, S.L., Bulbo, S.L., Pintura y Decoración Industrial del Río, S.L., Indasa Sur, S.A., José Luis Díaz Vizoso, Juan A. Tenreiro Tenreiro, Antonio Tenreiro Fernández, Construcciones Jas, González y Fernández, C.B., resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Atlántica, S.A., Industrias Metálicas Chorros y Andamios, S.L., Reparaciones y Pinturas, S.A., Brunae, S.L., Indasa Sur, S.A., Antonio Tenreiro Fernández, Juan A. Tenreiro Tenreiro, Construcciones Jas, González y Fernández, C.B., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2016

Letrada da Administración de xustiza