Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (687/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 687/2013 por instancia de María Olga Lago Nemiña contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales foi ditada sentenza no 25 de abril de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estimar a demanda formulada por María Olga Lago Nemiña contra Limpiezas El Polígono, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. a aboar á demandante a cantidade de dous mil oitocentos sete euros con cincuenta e tres céntimos de euro (2.807,53 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e débese anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Limpiezas El Polígono, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de maio de 2016

A secretaria xudicial