Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 10 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo do inicio do procedemento de reintegro das axudas ao Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 14 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), relativa ao expediente TR341D 2014/60-2.

Intentada a notificación do Acordo da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se inicia o procedemento de reintegro da subvención concedida, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido do dito acto que figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta xefatura territorial.

A interesada poderá durante este prazo presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 10 de maio de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2014/60-2.

Nome: Rosanna Elizabeth Almonte Núñez.

DNI/NIF: X3556550Z.

Último enderezo coñecido: r/ Músico Mestre Soutuillo, 5, 3º, 27004 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 12, punto b) da Orde do 14 de maio de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro ditado o 26 de abril de 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.