Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puideron practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 9 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial de A Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

Dolores Valiño Seoane

IN635A 2015/281-1

Resolución

A Coruña

María Sara Cifuentes Ayucar

IN635A 2015/329-1

Resolución

A Coruña

Inincost 2004, S.L.

IN635A 2016/51-1

Alegacións

Oleiros

Agrabay Proyectos Industriales, S.L.

IN635A 2016/82-1

Resolución

Santiago de Compostela