Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 25 de maio de 2016 Páx. 20257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2016/378-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gallega de Mallas, S.L.

Domicilio social: avenida da Deputación, 15141 Arteixo.

Título: proxecto modificado de acometida, LMT subterránea, centro de secionamento e medida e centro de transformación para establecemento Gallega de Mallas, S.L. en Bértoa.

Situación: polígono industrial de Bértoa, parcela E2-Carballo.

Características técnicas: LMTS de 34,5+37,5 metros, de 15 kV de tensión, con condutor tipo RHZ1-2OL 240 Al. Centro de seccionamento e medida en edificio prefabricado constituído pola seguintes celas: cela de entrada de liña, cela de saída de liña, cela de protección con interruptor automático e cela de medida.

LMTS de 192 metros, de 15 kV de tensión, con condutor tipo RHZ1-OL 12/20 kV, de sección 1×95 Al. Centro de transformación composto por cela de entrada de liña, cela de protección, 2 transformadores de 2.000 kVA, relación de transformación 15 kV/420 V, grupo de conexión Dyn11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 2 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña