Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19543

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2016/17.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 87, do 9 de maio de 2016, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 17264, na alínea c) do punto cuarto. Acceso directo, onde di: «Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder aos ciclos formativos, cando sexa preciso, aplicaranse as seguintes equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias», debe dicir: «Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, cando sexa preciso, aplicaranse as seguintes equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias».