O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016
Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
ANEXO
Convenio |
Obxecto |
Importe achegado polo Issga |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais |
A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Issga, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega |
0,00 € |
4.1.2016 |
Acordo de prórroga do acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Consellería do Medio Rural para o uso compartido das instalacións do Edificio Prado Lonia en Ourense |
Regular as condicións do uso compartido do Issga en Ourense, con enderezo na rúa Villamil e Castro, s/n, en Prado Lonia (Ourense) |
8.254,75 € |
12.1.2016 |