Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19344

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (866/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 866/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Iglesias Vázquez contra a empresa Monsial, S.L.U., sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 866/2015, nos cales son parte, dun lado como demandante María Jesús Iglesias Vázquez, representada polo letrado Pedro Pedreira Candal, e como demandada a mercantil Monsial, S.L.U., que non compareceu a pesar de estar citada en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome de S.M. o Rei, a seguinte sentenza:

Que, estimando a demanda interposta por María Jesús Iglesias Vázquez contra a empresa Monsial, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e condeno a demandada a, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, optar entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou ao aboamento dunha indemnización de 1.452,22 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 66,01 €/día.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deben anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Monsial, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza