Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19342

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2975/2015)-RCUD (104/2016-S).

Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2975/2015-RCUD104/16-S desta sala, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Servizo Público de Emprego Estatal, Pizarras de León, S.A., Promoción de Industrias Orensanas, S.A. (Proinor, S.A.), Pizarras Intradima, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutual Midat Cyclops, Barreda López e Hijos, S.L., Tomás Araújo Rodríguez, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza,

M. Asunción Barrio Calle.

Únase o anterior escrito, presentado pola letrada da Administración da Seguridade Social en representación do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ao recurso correspondente. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes, mediante escrito de letrado, para compareceren ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, con achega de copias do dito escrito e con designación dun domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente comparece de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 de Ourense que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras de León, S.A., que tivo o seu último domicilio coñecido en Lardeira, Carballeda de Valdeorras (Ourense), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza