Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 25 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do centro de seccionamento da Barreira, no concello da Laracha (expediente IN407A 2015/16-1).

Unha vez outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do centro de seccionamento da Barreira, no concello da Laracha (expediente IN407A 2015/16-1), mediante resolución desta xefatura territorial, do 23 de febreiro de 2016, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica de Laracha, S.L., con enderezo na avenida de Arteixo, 19-1º dereita, 15004 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 9 de xuño de 2016 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Laracha, deducida da que se someteu á información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia do 13 de xuño, 4 de xuño e 20 de xuño de 2015, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará a notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 25 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña