Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2016/68-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: cambio de apoio do CT Bergazos II.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-30 de 93 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente C-2000/12 nº D-31-35 e final no centro de transformación Bergazos II. Centro de transformación de 50 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado nos Bergazos, polígono 215, parcela 597, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de abril de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra