Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2016/67-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: CS, LMTS entre CCTT Cámping Muiñeira e Urbanización Raeiros.

Situación: O Grove.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 116 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se realizará na LMT VLG805, que vén do centro de transformación (CT) Sanatorio Lanzada, e final no CT Cámping Muiñeira, unha vez entre e saia do centro de seccionamento (CS) proxectado. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 822 metros de lonxitude, con orixe no CS proxectado e final no CT Urbanización Raeiros. Centro de seccionamento, con tres celas de liña compactas e corte en SF6, situado en San Vicente, polígono 20, parcela 235, O Grove.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de abril de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra