Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 3 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución do expediente sancionador ES-P-0018/15.

De conformidade cos artigos 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 3 de maio de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Sandra Pardavila Chapela.

Expediente: ES-P-0018/15.

Último domicilio coñecido: A Choupana, núm. 13, portal 2, 1º A. 36940 Cangas (Pontevedra).

Indicación do contido: notifícaselle a resolución do procedemento sancionador ES-P-0018/15 na que se propón unha sanción de multa de 1.500,50 € de acordo co disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Recurso: contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.