Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario, de chaqueta e pantalón ignífugos para as brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia, ano 2016 (84/15-I) (expediente 6/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario, de chaqueta e pantalón ignífugos para as brigadas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia, ano 2016.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23814.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 6, do 12 de xaneiro de 2016.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento máximo de licitación:

Importe neto: 187.000,00 €. IVE (21 %): 39.270,00 €. Importe total: 226.270,00 €.

Valor estimado: 205.700 € (incluídas posibles modificacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de formalización do acordo marco: 15 de marzo de 2016.

b) Adxudicataria: Iturri, S.A.

c) Importe máximo contractual de 178.640,00 € (sen IVE). Cun prezo unitario de 162,40 € (sen IVE).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación automáticos establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural