En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Contratación administrativa da xestión en réxime de concesión dos servizos de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Ribeira, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria. Tramitación documentalmente simplificada.
1.1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Política Social.
b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
c) Número de expediente: PA 92-2015.
d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
1.2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.
b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concesión dos servizos de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas en Ribeira.
c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
d) Data de publicación do anuncio de licitación: 25 de febreiro de 2016.
1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
1.4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 316.050,30 € (IVE incluido).
1.5. Formalización:
a) Data: 1.5.2016.
b) Contratista: Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (Agadea).
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 199.704,77 € (exento IVE).
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2016
O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social