Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que se lle notifica ao interesado no procedemento SXRH-PD-26/15 a citación para o trámite de vista do expediente.

Por este anuncio, ante a imposibilidade da notificación no domicilio do interesado, procédese á notificación da citación para o trámite de vista no procedemento disciplinario mediante a publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 59.5, 60.2 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Xa que logo, polo presente anuncio, convócase a José Antonio Barros Sueiro (DNI 35282707V) para que compareza o venres, 10 de xuño de 2016, ás 9.30 horas, nas dependencias desta consellería sitas na praza da Estrela, nº 9, 4º andar, da cidade de Vigo, para a práctica do trámite de vista do expediente no procedemento disciplinario. Se non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria