Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 19 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Meavía-Quintillán.

Advertido un erro no Anuncio do 19 de abril de 2016, publicado no Diario Oficial de Galicia número 87, do 9 de maio, cómpre efectuar a oportuna corrección:

No contido do anuncio da páxina 17747, primeiro parágrafo, liñas 1 e 2, onde di: «...e resoltos os recursos presentados contra o acordo»; debe dicir: «... E dado que os recursos presentados e pendentes de resolución non exceden os límites legalmente establecidos...».