Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 18982

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (97/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Silvia Galiñanes Bouzas contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Acsa Administración de Fincas, S.L., Mutua Gallega, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Asesoría Xurídica, en reclamación por seguridade social, rexistrado co nº seguridade social 97/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Acsa Administración de Fincas, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 26.7.2016, ás 10.10 e 10.15 horas, na planta -1 - sala 6 - Edif. Audiencia, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Acsa Administración de Fincas, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 22 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza