Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 18983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (32/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 32/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Carracelas Acuña contra as empresas Mar de Noruega, S.L., Frimarsan, S.L. e Frigoríficos de Mourente, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Acordo:

a) Declarar os executados Mar de Noruega, S.L., Frimarsan, S.L. e Frigoríficos de Mourente, S.L., en situación de insolvencia por importe de 3.851,78 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, inscribilo no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mar de Noruega, S.L., Frimarsan, S.L. e Frigoríficos de Mourente, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza