Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 18981

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (383/2015-E).

V10 dereito deliberación beneficio inventario 383/2015-E

Procedemento de orixe: xurisdición voluntaria. Xeral 383/2015

Sobre xurisdición voluntaria xeral

Demandante: Elva Serantes Bello

Procuradora: Francesca Di Mattia

Avogado: Santiago Javier Franco Landeira

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fago saber que neste xulgado e co nº 383/2015-E se segue, por instancia de Elva Serantes Bello, expediente de xurisdición voluntaria para a aceptación a beneficio de inventario da herdanza de Antonio Serantes Bueno (DNI 32389075-S), e por resolución desta data acordouse citar os posibles acredores ou herdeiros descoñecidos e incertos, para acudir á formación de inventario, o próximo día 23 de maio de 2016, ás 10.00 horas. E para que sirva de citación en legal forma, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza