Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 18980

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (768/2014).

Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente,

Anuncio.

Que no presente procedemento de xuízo ordinario 768/2014-D, seguido por instancia de Ángel Matos Sánchez e Martina Recouso López fronte a Inversada 2003, S.L., se ditou Sentenza do 14.11.2015.

E ao estar Inversada 2003, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. Indícase que o interesado se poderá dirixir a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra esa resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días ante este mesmo xulgado.

A Coruña, 8 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza