Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 16 de maio de 2016 Páx. 18978

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 28 de abril de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na Xestión Integrada da Coruña.

Por Orde desta Consellería do 9 de marzo de 2016 (DOG núm. 56, do 22 de marzo) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na Xestión Integrada da Coruña.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta Consellería do 9 de marzo de 2016 (DOG núm. 56, do 22 de marzo) para os efectos previstos no apartado 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo desta orde.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2016.

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a de Procesos Asistenciais.

Nome e apelidos: Ricardo López Boullón.

DNI (*): *****503G.

Posto: director/a de Procesos con Ingreso.

Nome e apelidos: Luis González Taboada.

DNI (*): *****564H.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: Concepción Blanco Sánchez.

DNI (*): *****795G.

Posto: director/a de Recursos Humanos.

Nome e apelidos: Antonio José Fernández Paniagua.

DNI (*): *****293Q.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.