Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (244/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 244/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María González Sánchez contra Insulae, S.L., o Concello de Betanzos e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, 4 de setembro do ano 2015.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por María González Sánchez –asistida do letrado David Miramontes Santiso– contra a empresa Insulae, S.L. –incomparecida ao acto de xuízo malia a súa citación en forma–, o Concello de Betanzos –representado polo letrado Daniel Pereiro Cachaza– e o Fogasa –representado polo letrado Alejandro Crespí Rodríguez– pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Resolvo:

Primeiro. Que, aceptando integramente a demanda interposta por María González Sánchez contra o Concello de Betanzos e a empresa Insulae, S.L., debo condenalos e condénoos a que conxunta e solidariamente lle aboen á demandante a cantidade de 526 €, incrementada co 10% de xuro en concepto de demora, computado na forma indicada no fundamento xurídico cuarto da presente resolución.

Segundo. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial, na súa condición de responsable legal subsidiario, a estar e pasar pola condena imposta á empresa codemandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que, contra ela, non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz que a subscribe, en audiencia pública do día da data. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Insulae, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2015

A secretaria xudicial