Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18268

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1025/2014).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou Resolución do 14 de abril de 2016, dirixida por Flumcisa, S.L., contra a cal non se pode interpor ningún recurso. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que sirva de notificación en legal forma a Flumcisa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza