Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18266

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (645/2015).

Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste xulgado foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza nº 25/16.

Vigo, 4 de febreiro de 2016.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 645/2015 se seguen por instancia de Generali España, S.A., que compareceu representada polo procurador Jose Vicente Gil Tránchez e dirixida pola letrada Patricia García Correa, contra Construcciones Grial, S.A., declarada en situación de rebeldía procesual, e que teñen por obxecto unha pretensión de responsabilidade extracontractual...

Decido:

Estimar totalmente a demanda interposta por Generali España, S.A. contra Construcciones Grial, S.A., e facer, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno Construcciones Grial, S.A. a aboar a Generali España, S.A. a cantidade de 1.480,28 euros, a cal reportará unha indemnización pola demora, que se contará desde a data de formulación da demanda, equivalente ao xuro legal dos cartos en vigor naquel entón. Que será o xuro legal dos cartos, incrementado en dous puntos, contando desde a data da presente sentencia.

2º. Condeno a demandada a pagar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se fará saber que é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Construcciones Grial, S.A., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 5 de febreiro de 2016

O letrado da Administración de xustiza