Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18265

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1071/2014).

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

XVB. Xuízo verbal 1071/2014-AL

Procedemento orixe: sobre reclamación de cantidade

Demandante: Críspulo Jiménez Sánchez

Procurador: Luis Ángel Painceira Cortizo

Avogado: Marcos Pascual Vázquez

Demandado: Miguel Trigo Bao

Eu, Carlota Fernández Ambros, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, por este edicto

Anuncio:

No procedemento de xuízo verbal 1071/2014, seguido por instancia de Críspulo Jiménez Sánchez contra Miguel Trigo Bao, ditouse sentenza, en que se estima a demanda, con data do 23 de xuño de 2015. Contra a dita sentenza cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, contados desde a data de publicación deste edicto.

Ao encontrarse o demandado, Miguel Trigo Bao, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza