Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18271

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (555/2015).

Procedemento ordinario 555/2015

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Iria Romero Fernández

Avogado: Álvaro Hinrichs Álvarez

Demandados: Nieto Ares, S.L., Manuel Portas Pesqueira, José María Nieto Ares, Nepos Express, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Jorge Nieto Ares

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Iria Romero Fernández contra Nieto Ares, S.L., Manuel Portas Pesqueira, José María Nieto Ares, Nepos Express, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Jorge Nieto Ares, en reclamación por ordinario, rexistrado co número procedemento ordinario 555/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a José María Nieto Ares, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 20.10.2016, ás 10.00 e 10.05 horas, no andar 1º, sala 6, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, ao cal poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a José María Nieto Ares, expídese a presente cédula para publicar no DOG e colocar no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 19 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza