Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18352

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación do Concello de Pontecesures en materia de xestión de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 1 de abril de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Pontecesures, por Acordo do Pleno Municipal do 25 de xaneiro de 2016, das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU).

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

Faise público este acordo para xeral coñecemento.

Pontevedra, 8 de abril de 2016

Mª del Carmen Silva Rego
Presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra