Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18351

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do contrato do servizo de pirotecnia para as festas de Santiaguiño e a Virxe Peregrina.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, rúa Michelena núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: prestación do servizo de pirotecnia para as festas de Santiaguiño e a Virxe Peregrina.

3. Procedemento e forma: aberto. Tramitación de urxencia.

4. Valor estimado: 185.702,49 € (inclúe o da posible prórroga).

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, Concello de Pontevedra, Michelena 30, 36071 Pontevedra. Tfno.: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 7 e 8 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos:

– Memoria.

– Prezo.

– Incremento da duración do espectáculo.

– Maior peso de materia regulamentada.

Pontevedra, 6 de maio de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro de Contratación e Facenda