Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18350

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura dunha praza de xefe do Negociado de Recadación.

No BOP de Pontevedra número 70, do 13 de abril de 2016, publicáronse integramente as bases e a convocatoria para a cobertura da praza de xefe do Negociado de Recadación do cadro de persoal do Concello de Nigrán, por xubilación do seu titular, mediante concurso de provisión de postos.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios deste concello.

Nigrán, 13 de abril de 2016

Juan Antonio González Pérez
Alcalde