Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 12 de maio de 2016 Páx. 18349

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle dos soportais no ámbito do UZPI.2.R do Plan xeral de ordenación municipal vixente (antigo SUNP Sur-K do Plan xeral de ordenación urbanística de 1990).

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 31.3.2016, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle formulado para a solución técnica e estética dos soportais no ámbito do UZPI.2.R do PXOM vixente (antigo SUNP Sur-K do PXOU de 1990), solicitado por Jesús Pernas Carreiras, na calidade de presidente da Xunta de Compensación.

O acordo de aprobación definitiva do devandito estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, con data do 18.4.2016, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 18 de abril de 2016

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 15010037)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente alcalde delegado da Área
de Desenvolvemento Sostible e Persoal

María García Ferro
Vicesecretaria